Prende lume nunha cheminea no casco urbano de Silleda
- ecosdacomarca

- 7 ene 2023
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O 112 Galicia foi alertado este sábado polos Bombeiros de Deza por un incendio na localidade de Silleda. O suceso ocorreu ás 15:30 horas.

Tal e como informa o 112 prendeu lume na cheminea dunha casa, situada na rúa María Colmeiro. "Os bombeiros indicáronos que non houbo danos persoais e que só ardeu a feluxe da cheminea e que cando chegaron o dono da vivenda xa tiña o lume controlado".
Ademais dos Bombeiros de Deza tamén se mobilizou á Policía Local.







Comentarios