Prende lume nunha cheminea en Silleda
- ecosdacomarca
- 28 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 29 mar 2023
Ecos da Comarca/Silleda
Este martes orixinouse un incendio nunha cheminea no casco urbano de Silleda.

O 112 Galicia foi alertado pasados uns minutos das 13:00 horas por un particular. "Na chamada indicábanos que non había persoas en risco".
Sucedeu na Rúa Progreso á altura do número 55. O 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil e á Policía Local.
"Comunicáronnos que só ardera a feluxe da cheminea", informa o 112 Galicia.
Comments