Ecos da Comarca/Silleda
O 112 Galicia foi alertado este mércores pasados uns minutos da unha do mediodía por un incendio no termo municipal de Silleda.
Tal e como informa o 112 Galicia, prendeu lume na feluche dunha cheminea dunha casa. Esta está ubicada na rúa da Moa na parroquia de Manduas, pero non houbo que lamentar danos persoais e apenas houbo materiais.
O 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Silleda, á Garda Civil e á Policía Local do municipio.
Comments