top of page

Prende lume nun tren ao seu paso pola parroquia lalinense de Botos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Os bombeiros de Silleda traballan a esta hora (18:30 horas) na extinción dun incendio orixinado nun tren de pasaxeiros que facía a ruta de Ouresen a Santiago de Compostela. O incidente produciuse á altura da estación de Botos, en Lalín e saldouse sen feridos.

O tren afectado. Autor: Bombeiros de Deza.

O 112 Galicia foi avisado polo ADIF ás 17:10 horas deste domingo. "Na chamada indicáronos que todos os pasaxeiros xa estaban fóra e que ninguén precisaba asistencia médica", indica o 112 Galicia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais dos Bombeiros de Deza, mobilizouse á Policía Local, ao GES de Lalín e á Garda Civil. "Os bombeiros xa nos indicaron (18:30 horas) de que o lume está controlado, pero están traballando para que non se reinicie. Ardeu o falso teito dun vagón e parte doutro e todo parece indicar que o incendio se orixinou por unha fuga de aceite", sinala o 112 Galicia.


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page