Prende lume nun ordenador en Lalín e nun deshumificador en Rodeiro
- ecosdacomarca

- 22 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O 112 Galicia foi alertado este xoves por tres incendios na comarca de Deza. En concreto, en Lalín esta mañá orixináronse dous e outro tivo lugar, no municipio de Rodeiro.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ás nove e quarto da mañá os equipos de emerxencia tiveron que desprazarse ao lugar de Pardesoa na parroquia lalinense de Maceira porque prendeu lume nunha cheminea.
Publicidade
Despois preto da unha do mediodía na rúa B da localidade lalinense prendía lume na batería dun ordenador, sen provocar máis danos, tal e como sinala o 112.
Publicidade
E pola tarde, os Bombeiros do Parque Provincial de Silleda tiveron que desprazarse ata San Paio de Senra porque orixinouse un lume nun deshumificador.








Comentarios