Prende lume nun alpendre situado ao lado dunha granxa en Palas de Rei
- ecosdacomarca
- 9 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este venres produciuse un lume no municipio de Palas de Rei. O 112 Galicia foi alertado ás 8:50 horas. Só houbo que lamentar danos materiais.
Publicidade
Publicidade
Tal e como informa o GES de Monterroso o lume orixinouse "nun alpendre pegado a unha granxa de coellos, pero a granxa non se viu afectada, só un pouco no tellado xa que tiña poliuretano por baixo da uralita".
Publicidade
Publicidade
O suceso ocorreu na parroquia palense de Marzá. Ata o lugar ademais do GES de Monterroso, desprazouse a Garda Civil do posto de Palas. "Os bombeiros de Chantada estaban a espera de saír co que lles informaramos nós, pero ao final decidimos que non facía falta que viñeran xa que estabamos cinco persoas do GES e que así eles quedaban para atender outras emerxencias", explica o GES.
Comments