top of page

Prende lume na cheminea dunha vivenda en Vila de Cruces

O suceso produciuse esta tarde no lugar de A Corredoira na parroquia de Oirós


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Os bombeiros esta tarde. Autor: Protección Civil Cruces

O 112 Galicia recibiu unha chamada esta tarde, ás 16:30 horas, na que un particular alertaba que lle estaba ardendo a cheminea da súa vivenda, pero que non había ningunha persoa en perigo. O suceso produciuse no lugar de A Corredoira, na parroquia cruceña de Oirós.


Foron mobilizados Protección Civil de Vila de Cruces e os Bombeiros de Deza. "Prendeu lume na cheminea e como os fallados da casa son de madeira os bombeiros de Silleda enfriaron a cheminea por fóra e limparon o feluxe de dentro da mesma para que non seguira ardendo, porque a mesma é de uralita e o sarrallo pégase moito", informou Protección Civil da localidade.


Por sorte non houbo que lamentar danos persoais.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page