top of page

Prende lume na cheminea dun local hostaleiro que leva uns 12 anos pechado en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Esta tarde orixinouse un incendio nun establecemento de hostalaría da localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado pasados escasos minutos das 18 horas.

Os bombeiros de Arzúa no lugar do incendio. Autor: Ecos da Comarca.
Os bombeiros de Arzúa no lugar do incendio. Autor: Ecos da Comarca.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Orixinouse o incendio nunha cheminea dun local que leva 12 anos pechado, tal e como indican veciños, pero que queren volver a poñer en funcionamento. Tal e como apunta veciñanza a este medio, encenderon a antiga parrilla e prendeu lume na cheminea. O inmoble está situado na Rúa Circunvalación da Feira.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ata o lugar, desprazáronse os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa e a Garda Civil.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page