Precipitacións na estación de Mouriscade (Lalín) durante o ano 2025
- ecosdacomarca
- hace 19 horas
- 2 Min. de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas, xeógrafo lalinense
En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre as precipitacións rexistradas na estación de Mouriscade, Lalín durante o ano 2025.
PRECIPITACIÓNS NA ESTACIÓN DE MOURISCADE (LALÍN) DURANTE O ANO 2025
"O que levamos de ano 2025 (xaneiro a setembro) parece un tanto estrano a nivel meteorolóxico, non só no referente a temperaturas, unhas temperaturas que incidiron na propagación de grandes e catastróficos incendios, senon, tamén, marcado por unhas precipitacións moi escasas durante o verán.

A estación meteorolóxica de Mouriscade, cun historial de rexistro de 43 anos (1982-2025), é unha das máis importantes da comarca de Deza e incluso de Galicia, porque nos permite analizar e ver a evolución, ao longo dese período, de diversas variables que configuran o clima dunha zona.
En 43 anos téñense producido moitas anomalías, entendendo como tales aqueles fenómenos que se apartan notoriamente dos valores medios. Un exemplo de isto serían as precipitacións anuais (total anual). O valor medio de precipitacións en Mouriscade é 1.269 mm, moi propio dun clima temperado oceánico pero, en casos extremos, o rexistro de 792 mm de precipitación, no ano 2007, é significativamente baixo (o 38% por debaixo da media) e o rexistro de 1.957 mm, no ano 2000, está moi por encima da media (un 54% por encima do valor medio). Podemos decir que o ano 2007 foi marcadamente seco, mentres que o ano 2000 foi hiperhúmido.
Estas grandes oscilacións entre o ano máis seco e o ano máis húmido da serie, caracterizan o clima desta zona de Galicia-Costa, na que se interpón un importante e modificador relevo montañoso, a Serra do Candán, un auténtico espolón da Gran Dorsal Galega, una cordilleira que se extende ao longo de 220 Km. de Norte a Sur de Galicia.
.... pero, que sucede no ano 2025?
No que vai de ano (xaneiro a setembro) observamos que durante os catro primeiros meses, xaneiro a abril, as precipitacións foron superiores ao promedio (o 35% máis altas) e durante os seguintes cinco meses, maio a setembro, foron netamente inferiores (o 45% inferiores ao promedio). Esta situación pode considerarse como anómala e foi unha das causantes da seca continua que padecemos desde o verán.
Publicidade
Con todo as precipitacións acumuladas no que vai de ano (xaneiro a setembro) acadan un valor de 798,9 mm fronte ao promedio durante ese mesmo tempo, que é de 760,9 mm. En consecuencia o que levamos de ano 2025, na estación de Mouriscade, presenta un valor moi similar ao promedio pluviométrico (1982-2024), pero, a gran diferencia, está na distribución por meses".

Comentarios