top of page

Porque Galicia cóntase mellor cando se conta en galego: Feliz Día de Galicia!

Laura Moure/Xeral

Hoxe celebramos a nosa terra, a nosa cultura, as nosas tradicións e, sobre todo, a nosa lingua. Unha lingua que leva séculos transmitindo historias, emocións e a forma que temos de entender o mundo.

En ECOS DA COMARCA temos a sorte e a responsabilidade de facer xornalismo en galego. Dende o primeiro día apostamos por informar na lingua propia de Galicia porque entendemos que o galego non é só un medio para comunicar, senón unha parte esencial da nosa identidade. É a lingua coa que moitas persoas medraron, coa que falan nas súas casas, nas prazas, nas feiras e nas festas dos nosos pobos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Cada noticia que publicamos, cada entrevista, cada reportaxe e cada vídeo son tamén unha maneira de contribuír a que o galego siga presente no día a día, demostrando que é unha lingua viva, útil e plenamente capaz de contar a actualidade con rigor, proximidade e profesionalidade.


Nun momento no que a información circula a unha velocidade inmensa e onde as realidades máis pequenas ás veces quedan sen voz, nós seguiremos apostando por contar o que acontece nas nosas comarcas e por facelo en galego. Porque cremos no valor do xornalismo de proximidade e porque cremos que a nosa lingua merece ocupar o lugar que lle corresponde tamén nos medios de comunicación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Neste 25 de xullo queremos agradecer a todas as persoas que nos acompañades cada día. A quen le as nosas noticias, comparte as nosas publicacións, nos envía información e confía no noso traballo. Grazas por facer posible que un medio local en galego siga medrando e levando a actualidade das nosas comarcas a milleiros de fogares.


Seguiremos traballando coa mesma ilusión e co mesmo compromiso: informar con honestidade, dar voz á nosa xente e facelo sempre na lingua que nos identifica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para ler o manifesto.
Preme na imaxe para ler o manifesto.

Porque Galicia cóntase mellor cando se conta en galego.

Feliz Día de Galicia!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page