top of page

Pontón presentará en Arzúa ao BNG de Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, Santiso, Toques e Vilasantar

O acto terá lugar o vindeiro domingo, 23 de abril, ás 12 horas no Hotel Arzúa


Ecos da Comarca/Comarcas de Arzúa/Terra de Melide

A Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitará Arzúa para presentar as candidaturas do BNG para as vindeiras eleccións municipais nos concellos de Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, Santiso, Toques e Vilasantar.

Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, convida a toda a veciñanza a asistir a este acto público para “coñecer de primeira man as propostas que ten o BNG para facer dos nosos concellos lugares vivos e con futuro”.


O acto, que é público e aberto a toda a veciñanza, será o vindeiro domingo, 23 de abril, ás 12 horas no Hotel Arzúa, situado na arzuá Rúa de Lugo e contará, e ademais da intervención de Ana Pontón, coa dos diferentes candidatos e candidatas e coa música de Mini Rivas.

As e os nacionalistas non se poñen límites nestas eleccións municipais e aseguran “ir a por todas para que despois do 28M haxa máis gobernos nacionalistas nos concellos galegos”.


0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page