top of page

Policía Local e Garda Civil investigan os danos a decenas de vehículos en Silleda

hace 5 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

Veciñanza de Silleda amenceu este mércores cunha desagradable sorpresa ao atopar os seus vehículos coas rodas picadas e outros destrozos, decenas de vehículos que estaban estacionados en diferentes rúas da localidade como Santa Eulalia, Progreso ou Emilio Alonso Paz. A longo da mañá presentáronse varias denuncias polos danos ocasionados e solicítase a colaboración cidadá para tratar de identificar a persoa ou persoas responsables.

Un dos vehículos afectados cunha roda picada en Silleda. Autor: Ecos da Comarca.
Un dos vehículos afectados cunha roda picada en Silleda. Autor: Ecos da Comarca.

O Concello de Silleda expresa a súa preocupación e lamentar profundamente os danos ocasionados durante a pasada madrugada en decenas de vehículos estacionados en distintas rúas do casco urbano.


Os feitos, que afectaron a numerosos puntos do centro da vila, inclúen rodas picadas e danos noutros elementos dos vehículos, como os limpaparabrisas.

 PUBLICIDADE

A Policía Local e a Garda Civil están a investigar o sucedido para tratar de esclarecer os feitos e identificar as persoas responsables.


"Dende o Concello queremos trasladar a nosa solidariedade á veciñanza afectada e facer un chamamento ao civismo, ao respecto e á convivencia. Ningunha circunstancia xustifica este tipo de comportamentos, que ocasionan importantes prexuízos á veciñanza e alteran a tranquilidade da nosa vila. Confiamos en que as investigacións permitan esclarecer canto antes o sucedido", sinala.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ecos da Comarca acercámonos esta mañá ata Silleda para falar con afectados. O noso contido audiovisual estará publicado ás 22:00 horas de hoxe nas nosas redes sociais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page