top of page

A iniciativa ‘Circo no Camiño’ chegará a Lalín no mes de decembro

hace 7 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou onte na presentación da iniciativa Circo no Camiño, que tivo lugar na Cidade da Cultura. Esta proposta celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais.

A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.

 PUBLICIDADE

En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín -onde estará do 12 ao 15 de novembro-; Lalín -do 20 ao 22 de novembro-; A Estrada -entre o 27 e o 29 de novembro-; e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.


Entre as principais propostas que se presentaron este martes destacan a Gran Gala de Circo no Camiño, conducida polo pallaso Fifo; a maxia do Mago Teto; os espectáculos de Culturactiva; a música para cativos de Uxía Lambona e a Banda Molona; e os pasarrúas de Troula.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O director de Turismo de Galicia incidiu no seu aporte para a dinamización turística e económica, así como na diversificación das experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page