top of page

Podium na Copa N5 para os dezás Javier Ramos e Álex Moure no IV Rallye de Pontevedra

Ecos da Comarca/Deza

A climatoloxía adversa da pasada fin de semana fixo que a cuarta cita do Campionato Galego de Rallyes fose máis difícil do que nun principio se podería prever. As fortes choivas caídas durante a semana, e sobre todo o venres 24 deixaron uns tramos que en zonas quedaron impracticables e moi complicados á hora de ser afrontados polos pilotos, pero finalmente os dezás Javier Ramos e Álex Moure alcanzaron o podium.

Un pequeno problema nos limpiaparabrisas na primeira especial, cando chovía a cachón, atrasou case 1 minuto á parella dezá que de novo saían encadrados na Copa Top Tep Pirelli B, categoría na que compiten os vehículos de categoría N5. Un contratempo, que de inicio deixaba aos dezáns máis aló da posición 100 da Clasificación Xeral. Xa na xornada do sábado, e co Renault Clio N5 máis pola man tras ir realizando axustes. A medida que pasaban os tramos, Ramos e Moure comezaban a recuperar posicións e a marcar cronos xa máis acordes e próximos aos dos seus principais rivais, aínda que sempre a certa distancia. Non foi ata o último bucle, xa co asfalto seco e con menos barro, cando apareceron os mellores cronos, incluíndo o Scratch da categoría no último tramo, Campo Lameiro – Moraña 3, tempo que permitía aos dezáns subir ata a 3ª posición da Copa Top Ten Pirelli B – Gara N5 e ademais ocupar unha meritoria 9ª posición da Clasificación Xeral tras comezar a proba moi mal.


A próxima cita na que participará o Disiclín Racing, será o XVIII Rallye Sur do Condado, con base en Salvaterra de Miño, os próximos 8 e 9 de xullo


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page