top of page

Pintadas nunha escultura de Paco Lareo en Vila de cruces

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Un seguidor de ECOS DA COMARCA envíanos esta foto para denunciar publicamente actos vandálicos na localidade de Vila de Cruces. En concreto, falamos da pintada dunha das esculturas que conforman a obra A familia: pai, eu e nai do artista cruceño Paco Lareo, e que ten tanto valor sentimental.


Esta obra foi cedida ao Concello cruceño pola fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño no 2013. É de granito, data o ano 2007 e a figura do pai mide 2,17 metros, 1,94 a da nai e un 1,65 a pequena, que representa ao propio artista. Está situada na praza que leva o nome do propio Lareo e tal e como se aprecia na imaxe, pintaron a do medio, na que se retractou o propio escultor.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Sen dúbida, unha vez máis hai que condenar este tipo de actos que atacan á Cultura e aos bens públicos e tamén é moi importante a concienciación entre os máis novos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page