top of page

Peste porcina: O SLG reclama prevención e un seguimento real ante esta nova crise

É unha enfermidade vírica que afecta aos porcos domésticos e aos xabaríns


Ecos da Comarca/Xeral

Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) amosan a súa preocupación pola situación de incerteza que está a vivir o sector porcino galego tras a detección de casos de peste porcina africana (PPA) en Cataluña. Tras participar na xuntanza convocada pola Xunta coas organizacións agrarias, dende o SLG lamentan que non se ofrecesen medidas concretas e inciden na importancia de poñer o foco na prevención.

ree

Unha reunión sen medidas concretas

A peste porcina africana, unha enfermidade vírica que afecta aos porcos domésticos e aos xabaríns, non afecta ás persoas, pero pode supoñer unha gran repercusión a nivel económico para o país. María Ferreiro, secretaria xeral do sindicato, sinala que durante o encontro levado ao cabo onte na Xunta de Galicia, as conselleiras limitáronse a trasladar información que xa era pública —a mesma que ten publicado o Ministerio. “Como única medida concreta, falouse de presionar ao Ministerio para que negocie cos países importadores a rexionalización do foco, é dicir, que acepten carne procedente de territorios fóra da provincia de Barcelona, onde se detectaron os casos”, explica Ferreiro. “Con esa medida non temos ningún tipo de problema, pero iso non resolve as necesidades inmediatas do sector galego”.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Incerteza e baixada de prezos

"Estamos ante unha situación que nos xera incerteza, medos e inseguridade", explica Ferreiro. “É certo que en Galiza non está en gran medida enfocada cara a exportación, pero isto podería levar consigo unha baixada de prezos ou unha presión do mercado interno do Estado”.


Ferreiro destaca que, aínda que a maioría das granxas asociadas ao SLG son ganderías extensivas, o porco celta é un produto demandado e de gran categoría que nalgúns casos si se destina á exportación, polo que esta crise tamén lle pode afectar.


Por outra banda, desde o sindicato insisten na preocupación sobre a xestión da fauna salvaxe —"algo que xa vimos denunciando dende hai moito tempo— e insistimos na importancia das medidas de prevención", "Para as granxas extensivas é central contar con peches cinexéticos onde non haxa contacto directo coa fauna salvaxe, concretamente co xabarín, que é de onde vén o problema", subliña Ferreiro. Por iso, unha das demandas prioritarias do SLG é que se destinen fondos específicos para axudar ás ganderías a instalar valados de protección.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

As súas esixencias

Por todo isto, dende o Sindicato Labrego Galego reclaman que se manteñan os espazos de diálogo e comunicación co sector, trasladando toda a información sobre as negociacións que se vaian producindo; destinar axudas para valados e peches cinexéticos nas ganderías extensivas de porcino, imprescindibles para evitar o contacto coa fauna salvaxe e previr posibles contaxios; e realizar unha análise e seguimento da evolución do mercado para ir avaliando as repercusións reais nos prezos e no sector produtor, e actuar en consecuencia.


"O sector pode verse afectado máis aló de que haxa ou poida haber casos concretos en Galiza, que esperemos que non", conclúe Ferreiro. "É fundamental seguir incidindo na prevención e poñer fondos para protexer as nosas ganderías extensivas".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page