Pedro Blanco: “Estamos preparados para vivir a eclipse en Galicia con seguridade e normalidade”
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 2 min de lectura
O delegado do Goberno en Galicia apela á prudencia e responsabilidade, especialmente nos desprazamentos e pide seguir as indicacións dos servizos de emerxencias e das Forzas e Corpos de Seguridade
Ecos da Comarca/Xeral
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou hoxe que Galicia está preparada para vivir con seguridade e normalidade a histórica eclipse solar total desta tarde. Fíxoo durante a reunión de seguimento do Centro de Coordinación Operativa Integrado (CECOPI), na que participou xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o
subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporete, Diego Calvo, para supervisar o dispositivo especial activado con motivo deste acontecemento.

Pedro Blanco destacou a plena coordinación entre administracións desde o primeiro momento e lembrou que o Goberno de España leva meses traballando na preparación dun “operativo sen precedentes” para garantir a seguridade, a mobilidade e a capacidade de resposta ante calquera incidencia durante unha xornada na que se prevén importantes desprazamentos e unha elevada concentración de persoas en numerosos puntos de Galicia.
PUBLICIDADE
“Hoxe imos vivir un momento histórico. Estamos preparados e queremos que sexa tamén unha xornada segura”, afirmou o delegado, que puxo en valor o traballo realizado de maneira coordinada polo conxunto das administracións e polos profesionais implicados no dispositivo.
PUBLICIDADE
O operativo do Goberno de España mobiliza e reforza medios das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protección Civil, Dirección Xeral de Tráfico, Salvamento Marítimo, AEMET e Estradas do Estado, entre outros organismos, co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento da xornada.
Prudencia e responsabilidade
Pedro Blanco insistiu especialmente na chamada á prudencia e responsabilidade da cidadanía durante as próximas horas. “Pedimos atención nos desprazamentos, seguir sempre as indicacións dos servizos de emerxencias e das Forzas e Corpos de Seguridade e, sobre todo, evitar riscos innecesarios”, sinalou.
PUBLICIDADE
O delegado reiterou tamén a importancia de observar o fenómeno con todas as garantías, utilizando exclusivamente gafas homologadas e recomendou informarse a través das canles oficiais. “O noso desexo é que todos poidamos desfrutar deste momento histórico
con seguridade, tranquilidade e responsabilidade. Estamos convencidos de que Galicia vai estar á altura”, concluíu Pedro Blanco.









Comentarios