Pechado por defunción
- ecosdacomarca

- 21 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Dende que ECOS DA COMARCA viu a luz en xaneiro de 2021 non paramos nin un só día do ano: non importaba as vacacións, unha enfermidade,... Sempre estivemos aí para intentar mantervos ao día do que pasa, porque as noticias son así, e a actualidade non descansa.

Pero hoxe por desgracia o mundo parouse para nós debido ao pasamento do pai da nosa xornalista Laura Moure.
Consideramos que ECOS DA COMARCA somos máis cun medio de comunicación: somos unha fermosa comunidade que estamos para compartir momentos, bos e malos, e só vos queriamos dicir o motivo polo que hoxe, 21 outubro 2025, ECOS DA COMARCA, non publicará nada.
Agradecemos fondamente a comprensión.






Comentarios