top of page

Paula Fernández: “Os orzamentos da Xunta volven esquecer a Silleda e ao conxunto do rural galego”

  • hace 6 minutos
  • 3 Min. de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, amosou onte o seu malestar ante o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2026, que “volven demostrar, non só a falta dunha aposta real por Silleda, senón polo conxunto do rural galego”. Fernández lamenta que, ano tras ano, o Goberno autonómico “siga sen entender nin priorizar as necesidades das persoas que viven fóra das grandes cidades”.


A rexedora critica que os concellos máis pequenos teñan que facer un esforzo adicional para acceder a fondos autonómicos. “Xa non é unha cuestión de siglas, senón de sensibilidade. Temos que esforzarnos o dobre que os grandes concellos para lograr unha axuda, e levamos anos sufrindo este ostracismo orzamentario” subliñou.

Paula Fernández Pena, alcaldesa de Silleda.
Paula Fernández Pena, alcaldesa de Silleda.

“Os pequenos Concello do Deza non só sumamos máis poboación que Lalín, senón que temos as mesmas necesidades, e a pesar de elo temos que limitarnos a rastrexar partidas xenéricas mentras as inversións con nome e apelidos chegan sempre aos mesmos”


Segundo a alcaldesa, “a teoría de concentrar investimentos onde hai máis poboación contradí o discurso de Rueda de que este sería o mandato do rural. O resultado é un modelo que favorece os municipios grandes e penaliza os máis pequenos”.


Proxectos esquecidos e falta de planificación

A rexedora silledense detalla que, “en Silleda, un ano máis, o resltado orzamentario é o meesmo: nada”. “O cámping de Medelo continúa abandonado e sen limpeza, xerando riscos de seguridade e incendios; a PO-204 entre A Bandeira e Vila de Cruces segue sen plan, mantendo na vila de Bandeira un tráfico de camións que frea o desenvolvemento sostible da vila.”


Fernández tamén denuncia a “falta total de actuacións en saneamento e abastecemento, en todos os concellos de menos de 20.000 habitantes que somos os que mais o necesitamos por unha simple cuestión de loita contra a despoboación. O rural non pode seguir esquecido mentres a Xunta renuncia a usar fondos europeos para financiar estas obras básicas abrigándonos aos concellos a asumilas con recursos propios.”


Outro dos puntos que destaca é a necesidade dunha intervención integral no Mosteiro de Carboeiro: “É o buque insignia do turismo no Deza e merece servicios, protección,

planificación, investimento e visión de futuro”, recalcou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No eido educativo, Fernández sinala que “este ano, logo de petición nos despachos, conseguimos que se fixera o patio cuberto, pero segue sen incorporarse unha actuación integral no centro máis antigo da comarca. Pola súa antigüidade, polo número de alumnado e polo estado de conservación, debía figurar nas contas autonómicas con prazos e financiamento claros.”


Chamamento á responsabilidade política

Fernández reivindica que Silleda é un concello con proxectos e capacidade de xestión acreditada, exemplo de elo é que Silleda foi un dos poucos municipios que logrou financiamento do plan extraordinario da Xunta para a Escola de Música, “todo o que conseguimos é porque o pelexamos en competencia con outros concellos. Pido que de unha vez por todas Silleda está na axenda autonómica e que a Xunta deixe a inercia e impulse aquí tamen investimentos estruturais con visión de futuro”


A rexedora tamén fixo tamén referencia as obras incluidas no orzamento, que poidan ter efectos no Concello “Calquera investimento é benvido, mais a planificación non pode responder a intereses políticos, senón ás necesidades reais do territorio


Valorou a nova depuradora de Lalín, da que dixo que “agardamos que esta actuación teña tamén un efecto positivo en Silleda, e por fin se deteñan os danos mediomabientais que sufre de maneira cotiá o río Deza”, mais reflexiona que “mais aló de anuncios millonarios, cómpre fixar prazos, garantir execución e asegurar a súa explotación con rigor..”


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Tamén recoñecemos o acerto da financiación do polo de emprendemento que está dando bos froitos e cuxa xestión é impecable por parte da Fundación Roberto Rivas. En relación as inversión ddo ring hípico no recinto feiral, tamén as valora “calquera inversión que se faga no recinto será benvida por este Concello mais lamentamos que non sexa mais ambiciosa".


Por último, Fernández apelou á responsabilidade do Partido Popular local: “Sería importante que o PP local se pronunciase. Moito nos tememos que, como outros anos, garde silencio ante as directrices da súa dirección, aínda que iso prexudique á veciñanza. A oposición debe estar á altura e defender Silleda por riba das siglas.”

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page