top of page

Parrula, unha vaca de Rodeiro, busca ser a Miss Luar 2024

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O concurso terá lugar esta noite neste programa da TVG


Laura Moure/Rodeiro

O programa Luar da Televisión de Galicia celebrará esta noite a gran final de Miss Vaca 2024. Hai catro candidatas, unha por cada provincia, que busca facerse con este título. E das comarcas tamén hai representación, xa que é unha vaca de Rodeiro a que representa á provincia de Pontevedra.

Fonte: Luar

Este ano, en venres pasados, houbo duelos para decidir quen era a candidata de cada provincia. E temos que dicir que pola de Pontevedra loitaron dous animais de Deza, unha de Lalín, e a de Rodeiro, Parrula, que obtivo a maior puntuación.


Nestas competicións previas, tamén participou outra vaca das comarcas, tal e como xa publicamos en ECOS DA COMARCAS en días pasados. Falamos de Pelegrín de Sobrado dos Monxes, pero non chegou á final.



Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Parrula competirá con Cuca (Miss Coruña), Navarra (Miss Lugo) e Gallarda (Miss Ourense). Cabe mencionar que no 2022 gañou este certame Rubia, outra vaca rodeirense.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

"As vacas Rubias Galegas de Rodeiro seguen a poñer ao concello no mapa. A fin de semana pasada gañou unha vaca de Rodeiro no concurso Nacional de Rubia Galega. Este venres compite outra vaca no concurso de Luar "Miss Galicia". Parabéns a ambas familias", sinala o tenente de alcalde de Camba, Alberte Lamazares.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page