top of page

“Parroquias con voz”: unha iniciativa do BNG de Agolada para escoitar á veciñanza

Trátase dun proceso aberto e participativo que busca achegar a política municipal ás aldeas, crear canles de comunicación directa coa veciñanza e construír propostas


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada presenta o proxecto “Parroquias con voz”, unha iniciativa que levará reunións veciñais ás distintas parroquias do concello co obxectivo de abrir espazos de diálogo directo coa cidadanía, escoitar propostas e recoller as necesidades reais do rural. Trátase dun proceso aberto e participativo que busca achegar a política municipal ás aldeas, crear canles de comunicación directa coa veciñanza e construír propostas desde o territorio e para o territorio.

A través destas xuntanzas abertas, veciñas e veciños poderán trasladar as súas inquietudes, compartir ideas e sinalar aquelas cuestións que consideran prioritarias

para mellorar o día a día nas parroquias: servizos básicos, infraestruturas, dinamización social, apoio ao tecido económico local ou calquera outra necesidade que afecte á vida cotiá. O obxectivo, explica o Bloque, "é escoitar sen filtros e sumar todas as voces nun proceso colectivo que contribúa a facer un concello máis equilibrado e atento ás realidades do rural".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A portavoz municipal do BNG en Agolada, Susana Tato, destaca que esta iniciativa “é unha oportunidade para conectar coa xente, para escoitar de primeira man o que preocupa nas parroquias e tamén para que a veciñanza nos coñeza mellor a nós e ao noso proxecto para Agolada”. Segundo sinala, “queremos encontros próximos, sinxelos e útiles, onde cada persoa se sinta cómoda para participar, opinar e formar parte das decisións que afectan ao futuro do seu lugar”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o BNG animan á veciñanza a participar activamente cando o proxecto chegue á súa parroquia, lembrando que estas reunións están pensadas como espazos abertos, de diálogo construtivo e sen formalismos, nos que todas as achegas suman. “Parroquias con voz” pretende converterse nun punto de encontro para falar do presente e tamén para pensar colectivamente no futuro de Agolada, reforzando a implicación social e a colaboración entre persoas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

A iniciativa desenvolverase de maneira progresiva polas diferentes parroquias do municipio, cun formato próximo e participativo que permita escoitar, recoller propostas e avanzar nunha maneira de facer política baseada na proximidade, na transparencia e no contacto permanente coa veciñanza.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page