top of page

Palas executa a variante de Pidre para facilitar o acceso de vehículos pesados e autobuses

hace 17 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei executa as obras de construción e adecuación da denominada “Variante de Pidre”, unha obra moi demandada polos veciños e veciñas da zona e que permitirá o acceso de vehículos pesados e autobuses á zona de Pidre, Cabana, Pambre, San Cibrao e outros.

Serán aproximadamente uns 260 veciños que poderán ter un acceso axeitado ás súas explotacións, fundamentalmente de carácter forestal pero tamén agrogandeiras, unha vez esté rematada a actuación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde, Pablo Taboada, estima que isto “facilitará o acceso a máis de 300 hectáreas de producción forestal nos montes de Cabana, Pidre, Pambre e San Cibrao ó permitir o acceso a zona de camións pesados que ata o de agora tiñan imposibilitado o seu  acceso ocasionando prexuízos ós diferentes propietarios das múltiples plantacións da zona”, onde segundo o rexedor “máis dun 90% dos veciños teñen parcelas con aproveitamentos forestais que xerarán moita riqueza na zona”.


O alcalde agradece "a todos os veciños a cesións completamente desinteresada dos terreos que redundarán nun importante beneficio para a zona, onde ata os autobuses escolares ou turísticos tiñan dificultades para circular debido ó estreitamento de Pidre”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Estas obras tamén facilitarán ó tránsito de vehículos pesados contraincendios en caso de necesidade. 




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page