top of page

O Pazo de Vilane de Antas de Ulla celebra o seu 30 aniversario

hace 10 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Antas de Ulla

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu onte ao 30 aniversario de Pazo de Vilane (Antas de Ulla) nun acto no que destacou a importancia das mulleres emprendedoras no rural galego, coincidindo coa semana na que se celebra o Día Internacional da Muller Rural. Tamén estivo presente a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.


"Foi unha ocasión para recoñecer o traballo de todas as persoas que forman parte de Pazo de Vilane e o seu compromiso co rural e co desenvolvemento da nosa terra. Desde o Concello de Antas de Ulla trasladámoslles os nosos parabéns por estes 30 anos de traxectoria e os mellores desexos para os vindeiros", sinala o ente local.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pazo de Vilane foi fundado en 1996 por Juan Varela-Portas y Pardo e a súa muller, Piedad

de Orduña. Actualmente, este proxecto está sendo xestionado pola súa filla, Nuria Varela-

Portas de Orduña.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Foron pioneiros na produción sostible e na comercialización de ovos de galiñas campeiras criadas en liberdade, favorecendo o benestar animal e a venda deste produto baixo criterios de sustentabilidade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page