top of page

Pablo Alborán, Nena Daconte e Chambao actuarán no Festival da Luz de Boimorto deste 2026

Os fondos recadados na pasada edición, que ascenderon a máis de 111.000 euros, destináronse a diferentes fins solidarios


Laura Moure/Boimorto

O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, participou onte xunto á artista Luz Casal na presentación do Festival de la Luz 2026, que se celebrará do 28 ao 30 de agosto en Boimorto e que este ano conmemora o seu 15 aniversario. O festival contará cun cartel encabezado por Pablo Alborán, Nena Daconte e Chambao, nunha edición que volverá combinar diferentes estilos musicais e na que tamén participarán artistas como Repion, Boikot, La Bien Querida, Luar na Lubre, Cómplices, Ráfaga, Treixadura ou Budiño, entre outros.


Durante o acto, Antonio Leira destacou o valor dun festival "único pola súa capacidade para unir música, solidariedade e dinamización do medio rural", e subliñou o papel do evento como "un referente cultural da provincia que contribúe a levar a actividade e a programación de calidade máis alá das grandes cidades".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola súa banda, Luz Casal puxo en valor a traxectoria do festival, que ao longo das súas quince edicións reuniu a máis de 700 artistas nun proxecto de carácter solidario e cun forte vínculo co territorio. A artista lembrou que o evento mantén tres piares fundamentais: a música, a solidariedade e o apoio ao medio rural, converténdose nunha cita xa consolidada no calendario cultural galego.


Entre as novidades desta edición destaca a iniciativa Sílgaro, que dará protagonismo a artistas emerxentes de música de raíz galega e fomentará a participación interxeracional, con propostas nas que colaboran escolares e persoas maiores da contorna.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

No acto de presentación tamén se fixo entrega dos fondos recadados na pasada edición, que ascenderon a máis de 111.000 euros e que se destinaron a diferentes fins solidarios, entre eles a Federación de Sociedades Musicais da Comunidade Valenciana, Cruz Vermella e proxectos sociais do propio municipio de Boimorto.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page