top of page

Otero e Mogo acusan aos parlamentarios do PP por Lugo de “fracaso político” co proxecto de Altri

Os socialistas esixen explicacións públicas


Ecos da Comarca/A Ulloa

A deputada socialista por Lugo, Patricia Otero, e o senador César Mogo aseguraron este sábado en Trabada que o “fiasco” do proxecto industrial de Altri, que pretendía instalarse en Palas de Rei, representa tamén “o fracaso dos deputados e senadores do PP por Lugo”, aos que reclaman explicacións polo seu comportamento político e institucional. Os socialistas consideran que os representantes populares "priorizan a confrontación co Goberno do Estado mentres ignoran cuestións que afectan directamente á veciñanza da provincia".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ambos dirixentes sinalaron que “o fiasco de Altri, que tanto levaron ao Parlamento defendendo un proxecto nocivo para a provincia, é o fracaso dos deputados e senadores do PP por Lugo”. Neste sentido, apuntaron directamente ao deputado no Congreso Francisco Conde, exvicepresidente e exconselleiro da Xunta, a quen responsabilizan, xunto a Rueda e Feijóo, do desenvolvemento dun proxecto que cualifican de “enorme fracaso político”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Otero e Mogo esixiron ademais que Conde faga público o documento que, segundo lembran, asinou coa empresa Altri no exercicio das súas responsabilidades institucionais. Ao seu xuízo, “non pode manterse no segredo nin ampararse en ridículas escusas legais” e debe explicar os compromisos adquiridos durante a súa etapa no Goberno galego. “Non pode manter na escuridade os actos que levou a cabo dende os seus cargos políticos. É unha indecencia que permaneza en silencio e se negue a dar explicacións”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page