top of page

Os socialistas de Melide presentan enmendas ao orzamento da Xunta para o ano 2023

Solicitan a construción dun patio cuberto no colexio público da Martagona, unha senda peonil na parroquia das Cazallas e intervención na praia fluvial de Furelos


Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Parlamentario do PSdeG, a instancia dos socialistas de Melide, presentan enmendas ao orzamanto da Xunta de Galicia para o ano 2023, "xa que o proxecto presentado desprezan a Melide", recalca.

"Defenderemos tres proposta moi necesaria para o pobo: unha é a construción dun

patio cuberto no colexio público da Martagona, xa que é o único dos tres existentes na vila, que carece dunha instalación moi necesaria para actividades lúdicas e deportivas do alumnado. Esta demanda, leva máis de 10 anos sendo unha constante dos pais e nais, e deste grupo municipal, sen que fose atendida pola Consellería de Educación".


A segunda proposta, é para que se dote á parroquia das Cazallas dunha canle de circulación segura para os peóns, construíndo tramos de senda peonil na estrada AC-840, "xa que é unha zona con numerosa vivenda unifamiliar, frecuentada por residentes e deportistas que necesita de máis seguridade, ao ter que compartir co abundante tráfico rodado a plataforma da estrada AC 840".

Por segunda vez, ao igual que no orzamento do ano 2022, recalca que "solicitamos apoio para intervir no arraxo da praia fluvial de Furelos, que arrastra unha problemática de lodos dende hai anos, da cal é perfectamente coñecedor o PP. Agardamos que a Xunta acepte e corrixa a marxinación orzamentaria que significaría aprobar o orzamento tal e como foi presentado no Parlamento Galego".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page