top of page

Os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil logran un terceiro posto no Rali Sur do Condado


Ecos da Comarca/Silleda

ree

A pasada fin de semana disputouse o Rali Sur do Condado, quinta proba puntuable para o campionato galego de rallyes de asfalto. Unha proba longa e dura, con seis tramos a dobre pasada e unhas condicións meteorolóxicas cambiantes que provocaron multitude de abandonos entre os participantes. A dupla trasdezá formada por Marco Lorenzo e Diego Gil concluía a proba nunha fantástica 15 posición da xeral scratch e terceiro posto na disputada Copa PirelliAMF coa súa Peugeot 106, o que lles coloca en posición de podio provisional do campionato no seu primeiro ano de competición.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nunha xornada de menos a máis e sen maiores problemas, o equipo de Silleda conseguía ir aos poucos escalando posicións ata alcanzar o podio tras a última especial cronometrada.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O equipo quere aproveitar para agradecer a axuda recibida por parte de todos os patrocinadores: Despezamentos Rolán, Maxideza, Autos Silleda, Brea servizos agroforestais, David Framiñán, Transfuentes, Carnicería a Principal, Rivas Infogasca, Talleres Sánchez, Taller Lamego, Empresa Lázara, Kalekói, Escavacións Abel, Primo Lalín, Electrograba e todos os que dalgunha maneira poñen o seu gran de area para poder estar presentes en cada carreira.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page