top of page

Os servizos de emerxencia atopan un coche accidentado sen ocupantes en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa tiveron que desprazarse este venres ao municipio de Melide debido a un accidente de tráfico no cal se viu implicado un único vehículo. Foron avisados ás 7:36 horas

Os servizos de emerxencia no lugar do accidente. Autor: Bombeiros de Arzúa.
Os servizos de emerxencia no lugar do accidente. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Tal e como informan os Bombeiros, foron alertados polo 112 Galicia por unha saída de vía cun posible atrapado, indicándolles que o alertante lles comunica que viron saír a unha persoa do coche, pero que cre que hai outra persoa máis no interior.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O suceso ocorreu no lugar de As Garceiras, na parroquia melidense de Os Ánxeles. Pero cando chegaron os bombeiros non había ninguén no lugar, atopáronse só co coche sinistrado.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ata o lugar tamén se desprazaron unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Melide.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page