top of page

Os promotores da planta de biometano abandonan o proxecto en Agolada, segundo informou o alcalde

 A noticia foi recibida con alivio pola Plataforma Stop Biometano Deza contraria á instalación, aínda que tamén con cautela


Ecos da Comarca/Agolada

A Plataforma Stop Biometano Deza sinala que os promotores da planta de biometano abandonan o proxecto en Agolada, segundo informou o alcalde, Óscar Val, no último pleno. A noticia foi recibida con alivio polo colectivo contrario á instalación, aínda que tamén con cautela.

O rexedor de Agolada informou no último pleno municipal de que os promotores da planta de biometano prevista no municipio abandonaron finalmente o proxecto. A noticia foi recibida con alivio pola plataforma veciñal contraria á instalación, aínda que tamén con cautela. Desde este colectivo sinalan que noutros lugares as empresas promotoras anunciaron a súa renuncia para reducir a oposición social e retomar posteriormente os plans. Por este motivo, aseguran que permanecerán alerta ata confirmar definitivamente que o proxecto queda “morto e enterrado”.


No caso de confirmarse a retirada das empresas vinculadas ao fondo de investimento de MAPFRE, a plataforma considera que sería "grazas á negativa de varios propietarios a vender os seus terreos, á mobilización veciñal e ao apoio de diferentes organizacións. Entre elas mencionan a Stop Gandería Industrial, Stop Biogás España, Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde, Berce do Ulla, ADEGA, SLG ou Elas Eles".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A plataforma insiste ademais en que segue en pé a súa solicitude para que o Concello de Agolada leve a cabo unha modificación das normas subsidiarias co obxectivo de regular de maneira máis restritiva a implantación deste tipo de industrias no municipio. Esta medida fora aprobada no pleno da Corporación celebrado o 9 de decembro. Segundo explican, esta modificación, que xa están a impulsar moitos concellos en toda España, permitiría evitar ameazas vinculadas á expansión do biometano, ofrecer maior tranquilidade á veciñanza e dotar ao consistorio de ferramentas legais para non informar favorablemente proxectos a pouca distancia dos núcleos rurais.


A plataforma lembra tamén que en marzo de 2025 o Concello de Agolada emitiu dous informes de compatibilidade urbanística favorables á implantación de plantas de biometano nas zonas de Amance e Basadroa, situadas a uns 500 metros destas aldeas.

Desde o colectivo subliñan que nunca responsabilizaron directamente ao consistorio pola emisión destes informes, pero consideran que non se pode negar que o Concello informou favorablemente sobre os proxectos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Finalmente, advirten de que, se o goberno local non executa o acordo aprobado no pleno do 9 de decembro, sería un indicio de que non existe vontade real de protexer á poboación de proxectos que consideran prexudiciais. Neste sentido, lamentan que a veciñanza teña que mobilizarse para facer fronte a este tipo de iniciativas cando, sinalan, esa debería ser unha responsabilidade das administracións públicas. "Se o goberno local non leva a cabo o aprobado no pleno do 9 de decembro, ademais de inclumplir os

seus propios acordos e desprezar o solicitado por máis de 2.000 persoas, será un síntoma claro de que este acordo só foi un brinde ao sol e non hai vontade algunha de protexer á poboación de proxectos tan prexudiciais. Non debería ser necesario que veciños e veciñas nos vexamos obrigados de novo no futuro a aprazar as nosas vidas e converternos en activistas forzosos para loitar contra proxectos destrutivos, cando é a obriga dos nosos gobernantes e para iso se supón que os eliximos e lles pagamos", recalca a plataforma.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page