top of page

Os populares de Cruces consideran lamentable que o Concello suprima as axudas a pymes a autónomos

15 dic 2021
3 min de lectura

Insta ao goberno local "que se deixe de malgastar o diñeiro público en propaganda falsa enganando aos veciños, á vez que debería explicar publicamente esta forma de tiralo"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal Popular de Vila de Cruces denuncia publicamente e censura con "todas as nosas forzas a situación que acabamos de coñecer e a que afectará moi negativamente a todo o sector comercial e de autónomos do noso concello, un sector xa moi castigado polos nefectos adversos da crise sanitaria derivada da Covid-19". "Recibimos a noticia de que o equipo de desgoberno do concello de Vila de Cruces, acaba de suspender o procedemento de tramitación de axudas para o sector económico e empresarial do municipio, alegando a falta de tempo para a tramitación de referidas axudas. Estamos ante unha situación subrealista, penosa, lamentable e sen falta de vergoña algunha por parte do Concello de Vila de Cruces", recalca.

Ademais, lembra que no seu día, "o noso grupo, propuxo unha dotación de 500.000 euros de fondos propios para crear un Plan de Rescate Local, proposta que sería aprobada en Pleno da Corporación Municipal cunha abafadora maioría. Con todo, pasado o tempo, a nosa petición quedaba no esquecemento e o equipo de goberno reducía drasticamente esa dotación destinada a axudar aos nosos veciños e veciñas nuns momentos especialmente duros". E engade que desde o Grupo Municipal Popular "advertimos en numerosas ocasións ao alcalde e ao seu equipo que era urxente proceder á tramitación destas axudas para poder sacalas en tempo e forma, recibindo por resposta o silencio ou as risas e burlas aos nosos comentarios".


"Hoxe, desgraciadamente para o noso comercio, a nosa hostalería e os nosos autónomos, xa non só reducirase substancialmente a cantidade de diñeiro destinada a axudarlles, se non que non recibirán axuda algunha, situación motivada pola máis grande das incompetencias e falta de interese que día a día mostra este desgoberno municipal. Esta situación vese especialmente agrabada coa ausencia total dun Plan de Comercio en Nadal para incentivar as vendas no municipio, a ausencia total dunha campaña de promoción e venda do noso Galo do Curral nestas datas do Nadal, a ausencia total dun Plan de Turismo para apoiar a todo o sector en todas as pontes festivas que acabamos de pasar, en definitiva, a ausencia total dun Plan de Dinamización Económica para o municipio".


Cómplices o resto de grupos?

O PP tamén quere destacar o papel dos grupos municipais que apoiaron a este "desgoberno" municipal. "A nosa pregunta é clara e fácil de responder, están de acordo co grupo de desgoberno municipal neste engano aos autónomos do noso municipio? Con todo, tirando de datos oficiais, para o que si parece ter tempo, diñeiro e interese o Concello de Vila de Cruces é para facer pagos sen control en conceptos de asesoramento, publicidade e demas cuestións que parecen prioritarias para o goberno do municipio. Así, podemos detallar máis de 26.000 euros pagos en comunicación a unha mesma empresa; outros máis de 6.500 euros a un xornal por publicidade; máis de 16.000 euros a un mesmo gabinete de avogados e asesoramento (faltando aínda catro meses por facturar neste ano) e outros máis de 4.000, a outro xornal de comunicación por máis publicidade. Estamos en total superando os 52.000 euros no que vai de ano, gastado en publicidade e en cousas que ningún beneficio achegan aos veciños", acusan os populares. " Para isto si que aparece diñeiro e tempo, aínda que iso implique sacarllo aos autónomos, comerciantes e hostaleiros de Vila de Cruces".


O Grupo Municipal Popular insta ao grupo de goberno, "que se deixe de malgastar o diñeiro público en propaganda falsa enganando aos veciños, á vez que debería explicar publicamente esta forma de tirar o diñeiro público".

Resposta do equipo de goberno

"Debido a alta carga de traballo e o breve período de tempo que hai para poder tramitar as axudas Covid-19 a PYMES e autónomos, chegouse á decisión de comezalas a tramitar no 2022 para que así poidan acceder a elas moitas máis persoas, e dar un período máis largo para xustificar, o cal era inviable nesta anualidade posto que non había un prazo razoable para que aquelas persoas que quixeran solicitar a subvención lles dera tempo a xustificalas", indica o Concello.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page