Os Pendellos de Agolada serán escenario dun ciclo de concertos de verán
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 min de lectura
Serán o 11 de xullo, o 1 e 22 de agosto e o 12 e 19 de setembro
Ecos da Comarca/Agolada
Os Pendellos de Agola acollerá no mes de xullo e agosto unha serie de concertos baixo o nome de Seráns nos Pendellos. Trátase dunha proposta musical que reunirá cinco actuacións entre os meses de xullo, agosto e setembro neste singular espazo histórico. O evento conta coa colaboración de C&E Lab Studio e o patrocinio de Cervezas Alhambra.

A programación arrancará o sábado 11 de xullo coa actuación de Tonhito de Poi & Chavellos, que abrirán o festival. O 1 de agosto será a quenda de Xisco Feijóo & Juan Eiras, mentres que o 22 de agosto actuará o Django Électrique Trío.
Xa en setembro, o ciclo continuará o día 12 con The Black Jackets e pecharase o 19 de setembro coa actuación de Valentín Caamaño Quartet.
As portas abriranse ás 20:00 horas e os concertos comezarán ás 21:00 horas. A entrada será mediante entrada inversa, cunha achega voluntaria do público á saída, ata completar a capacidade do recinto.
PUBLICIDADE
SDASDAS
PUBLICIDADE








Comentarios