top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

Os Pendellos de Agolada rebrotan coa X edición do Corazón da Artesanía

"Os nenos son os que van poder salvar no futuro que todos estes saberes facer non se perdan. E estes son fundamentais porque son o noso patrimonio"


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

O colorido e o bo facer impregnan un ano máis os Pendellos de Agolada. Dende hoxe, venres, ata o domingo celébrase o Corazón da Artesanía. X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia organizado pola Xunta. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reivindicou este mediodía na inauguración a importancia económica e cultural do sector. Na súa intervención, Lorenzana sinalou que a Administración autonómica traballa para que a marca Artesanía de Galicia, da que forman parte 857 obradoiros, case o dobre que en 2012, teña cada vez unha maior visibilización, contribuíndo ao seu posicionamento e impulsando a súa internacionalización, así como as novas vocacións.


O EQUIPO DE ECOS DA COMARCA FALOU HOXE CON VARIOS ARTESÁNS 📹📹📹

A responsable de Economía, Industria e Innovación lembrou que se está a traballar na

futura Lei de Artesanía de Galicia, a través da cal se busca non só preservar o importante

patrimonio cultural que supón o sector, senón tamén seguir impulsando unha actividade

económica que xera emprego vinculado ao territorio. Lorenzana animou a visitar o

Corazón da Artesanía, que a Xunta organiza durante toda a fin de semana no conxunto

histórico-artístico dos Pendellos, onde durante tres días se proxecta “a grandeza de facer

arte a man” e se poñen en valor “as nosas tradicións sempre pensando nun futuro prometedor”.


Á inauguración asistiron distintas personalidades políticas, entre elas varios alcaldes das comarcas como por suposto o de Agolada, Luis Calvo; pero tamén o de Silleda, Manuel Cuiña; o de Vila de Cruces, Luis Taboada; o de Rodeiro, José Luis Camiñas, ou o de Santiso, Manuel Adán. Ademais, tamén estiveron presentes concelleiros da Corporación Municipal agoladesa, pero tamén doutros municipios como o rodeirense Alberte Lamazares ou o cruceño Julio López.


Demostracións in situ

No programa inclúense demostracións en vivo de artesáns, exposición e venda de

produtos gourmet, cursos de formación especializados, obradoiros abertos, actividades de

música e baile e showcookings da mellor gastronomía galega servida en pezas da marca

Artesanía de Galicia. Na edición deste ano está prevista a participación de 53 artesáns que

representan 25 oficios diferentes, 38 como expositores de Artesanía de Galicia e outros

15 artesáns que participarán como docentes nos 8 cursos de formación e nos 6 talleres

abertos para todos os públicos.

Durante os tres días do Encontro terán lugar sete cursos de formación especializada e

centrados nos oficios da cestería, do coiro, do tecido en tear de baixo lizo, na estampaxe

téxtil, no coiro, na madeira e no debuxo; mentres que os obradoiros abertos a todos os públicos iniciarán os asistentes no encaixe, elaboración de sanandresiños, torno cerámico,

tapices, xoguetes de madeira e cestería.


Programa para mañá sábado

Mañá sábado 8 de xullo, a programación de Artesanía no Prato centrarase nos

showcookings dos cociñeiros Héctor López (dous soles Repsol), do Restaurante España

(Lugo) e pertencente ao Grupo Nove, en dous pases ás 13:30 e ás 15:00 horas nos que

empregará produtos de Galicia Calidade; e Jorge Gago, dos restaurantes A Maceta e

Testo (Santiago de Compostela), a partir das 20:30 horas e empregando produtos da

marca de calidade PescadeRías, grazas ao apoio da Consellería do Mar.

En canto á música, as actividades comezarán co concerto de Mercedes Peón, que

presentará o seu proxecto Déixaas, a partir das 13:30 horas na praza do Concello. Pola

tarde, está previsto un pasarrúas do grupo de música e baile tradicional Bico da Balouta

(Agolada) a partir das 18:30h e xa pola noite, será a quenda da banda Galifunk Brass, ás

22:00 horas na praza do Concello.



Publicidade


Programa Domingo 9

A música do domingo 9 de xullo correrá a cargo do grupo Leilía, que presentará o seu

último traballo, Vidas Cantadas, a partir das 13:30 horas, e mais do grupo de baile e

música tradicional Cantigas e Agarimos, que actuará ás 18:30 horas. As dúas actuacións

terán lugar na praza do Concello.


A programación de Artesanía no Prato inclúe os dous showcookings do chef do Grupo

Nove Javier Rodríguez Ponte “Taky”, do Catering Boketé (Cambre), que terán lugar ás

13:30 e ás 15:00 horas; e mais unha sesión de coctelería a cargo de Willy Gómez (O

Carballiño), que empregará como soporte pezas da colección O mundo do revés.

Coctelería peliqueira, elaborada por Laura Delgado e gañadora do Premio Artesanía de

Galicia 2022.



Publicidade

NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page