top of page

Os participantes do campamento do Centro Encuentra Tu Potencial de Lalín visitaron a Residencia As Dores

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A medida que realizan as distintas actividades os nenos/as van recibindo insignias que demostran o seu esforzo por transformarse en grandes portadores de valores


Ecos da Comarca/Lalín

O Centro ETP Encuentra Tu Potencial de Lalín visitou o pasado luns a Residencia As Dores. A mesma foi coordinada polos técnicos deportivos e monitores, e forma parte do programa de actividades do "Campamento de Exploradores: Atopa O teu Potencial" dirixido por Vanesa Insaurralde e que leva a cabo desde 2021 nas instalacións deste centro durante a época estival, para nenos/as de entre 5 e 11 anos.

Durante o campamento a medida que van realizando as distintas actividades os nenos/as van recibindo insignias que demostran o seu esforzo por transformarse en grandes exploradores/as, portadores de valores como a amizade, o respecto, o xogo limpo, a solidariedade, a cooperación, o traballo en equipo.. etc. Unha destas mencionadas insignias fai referencia especificamente á interacción coas persoas da terceira idade, por iso mesmo durante a visita compartimos parte da mañá coas persoas maiores que se atopaban na residencia, realizando xogos adaptados, bailes, e unha actividade que requiría prestar atención ás vivencias que "os avós/as" narráronlles en primeira persoa.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Sen dúbida, foi unha xornada repleta de alegría onde se puido observar como varias xeracións son capaces de gozar do maior dos tesouros: o tempo compartido. Entre as demais actividades do campamento atópanse tamén: unha excursión en autobus á granxa escola de Casa Grande Xanceda para interactuar cos animais, o taller que ensina aos mais pequenos a detectar un ictus impartido polas educadoras sociais de "Dano Cerebral Galicia" (antes Fegadace), simulacros de evacuación dun centro comercial ante un posible incendio, exercicios de iniciación ao Ioga e Pilates (adaptado a nenos/as), xogos que fomentan a interculturalidad ("visitando" distintos países a través do baile e xogos tradicionais de cada rexión), manualidades para traballar a paciencia e a motricidade fina, o avistamento da lúa cun telescopio de alta definición nunha quedada nocturna, entre outras do tipo lúdico-deportivas aínda que non competitivas", conta o centro.


Cabe mencionar que aínda quedan dúas prazas libres para este campamento para a quincena do 5 ao 16 de agosto. Os interesados poden contactar co centro lalinense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page