top of page

Equina Galicia 2026 pon o broche final entregando distintos premios

Celebrouse en Silleda e incluíu competicións centradas en morfofuncionalidade, doma clásica, equitación de traballo e enganches, ademais doutras propostas


Laura Moure/Silleda

Equina Galicia 2026, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, finalizou onte a súa duodécima edición. Unha cita que se volveu caracterizar polo alto nivel das súas dez competicións, nas que participaron máis de 200 exemplares, e polo interese do seu programa paralelo.


O evento, que rematou á primeira hora da tarde de onte, acolleu na Feira Internacional de Galicia ABANCA o XII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, sete probas de doma clásica, unha de Enganches e a III Proba de Equitación de Traballo. Ademais, incluíu a conferencia a “Intelixencia artificial e o cabalo de pura raza española”, un clinic de saddle fitting (proceso de adaptar a cadeira de equitación á anatomía do cabalo e do xinete) e un espectáculo ecuestre.

Este domingo Equina completou o XII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e valorou tanto a

morfoloxía como os movementos. Ao seu termo tivo lugar a entrega de premios nun acto

con presenza de Fernando Crusat, xefe do servizo provincial de Gandería de Pontevedra; o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran; o presidente de ACCEGA, Manuel Benavides; o secretario xeral de ACCEGA, Juan Carlos Pérez, e o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán.


O Campión do concurso foi Elegido de Discípulo, de gandería El Discípulo (Barcelona), mentres que a Campioa foi Quibia S Hort Petit, de Yeguada Monte Vesubio (Burgos). Como subcampións alzáronse, en machos, Bolero de Vida, de Yeguada Jiménez Sandoval (México) e en femias Caprichosa de Noya, de Manuel Rosende Rodríguez (Santiago de Compostela).


En canto a Campión e Campioa Xoven foron, respectivamente, Quesoro JB de Romero, de Yeguada de los Romeros (Colombia), e Lozana CPK II, de Ganadería Gornazo (Cantabria). Como Subcampións Xóvenes alzáronse, en machos, Norte SP, de Ganadería Santos Pereira, de Ponte Caldelas (Pontevedra), e en femias, Atila JMG, de Yeguada Jesús González (Salamanca).


El Campión Adulto de Mellores Movementos foi Bolero de Vida, de Yeguada Jiménez Sandoval, de México; mentres que a Campioa Adulta de Mellores Movementos foi Brisa del Pas, de Yeguada del Pas (Asturias). Como Campión Xoven de Mellores Movementos alzouse Quesoro JB de Romero, de Yeguada de los Romeros (Colombia), mentres que co de Subcampión Xoven de Mellores Movementos fíxoo Distinta Dos, de Diez Sedano (Burgos). En Funcionalidade o campión e subcampión foron, respectivamente, Faraón

JF V, de Yeguada JF Miño (Alicante), e Hechicero de Vida II, de Erika y Moreno (Mallorca).


Respecto á Mellor Gandería, alzouse co título Gornazo (Cantabria). Os Mellores Presentadores foron, en adultos, Diego González López, e en junior, Laura González

Fernández.


En canto aos premios concedidos por ACCEGA neste concurso, os mellores poldro e poldra nacidos en Galicia foron, respectivamente, Funi de Garabana, de gandería Sinde

(Narón) e Jefa de Andagal, de gandería Andagal (Abegondo). Nesta competición tres estrelas, a máxima categoría a nivel nacional concedida pola Real Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), participaron preto de oitenta exemplares de 41 salientables ganderías, as cales procedían non só da maioría de Comunidades Autónomas españolas, senón tamén doutros oito países. Uns datos que converteron unha vez máis a esta cita clasificatoria para a final do Campionato do Mundo (en Sicab, Sevilla), nun dos tres campionatos de España con maior número de participantes na categoría tres estrelas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Por outra banda, organizada polo Club de Enganches de Galicia, onte pola mañá disputouse a segunda proba das catro que compoñen o Campionato Galego de Enganches. Competición que foi un Open, polo que incluíu probas tanto federadas como non federadas. Así, puntuable para o Campionato de Galicia en Limonera, consistente nunha carruaxe de catro rodas cun cabalo, a vencedora foi en P1 Sara Castiñeiras con Linda, mentres que en C1 foi Carlos Castiñeiras con Frascati, ambos de Ponte Caldelas. Nesta última alzouse co segundo posto Carlos Otero con Inditex, de A Coruña, e co terceiro Marcos González con Zarcillo, de Tui.


Xa na proba Libre, non federada, venceu Kike Sierra, de Arbo (Pontevedra) cun Tronco

do que formaban parte os exemplares Faraón de Valdefuentes e Cumiar RL.


Clasificacións Doma Clásica e Equitación de Traballo

Por outra banda, en Equina Galicia desputáronse e concedéronse os premios de doma clásica nunha edición que contou con preto de sesenta binomios de distintos puntos de España e converteu esta cita na de maior participación de Galicia no que a esta disciplina se refire.


En canto ao Territorial de Doma Clásica, clasificatorio para o Campionato Galego, os resultados foron os seguintes. En AP Galega o primeiro posto foi para María Silva con Bruja; en Alevín Equipos foi para Matilda Valiño con Royalty, en Rider 1 A para Carlota de Jesús con Gitano e en Rider 2 A para Lorena Sierra con Fandango de Valdefuentes.


En canto a Raider 2 B a primeira posición acadouna Leonor Nieto con Francisco, mentres que en Rider 3 fíxoo Noel Blanco con Calzada. En Infantil Equipos o primeiro lugar foi para Sofía Paz con Arrogante del Rocío, en Juvenil Equipos para Marta Padín con Senegal Vila e en Clásica 1 Sandra María Soneira con Nilo.


Así mesmo, os resultados do CDS Social correspondéronse cos seguintes. En AP Galicia o primeiro posto foi para Clara Otero con Aveno, en AP Preliminar foi para Gala Casares con Indio e en AP Final para Erin Álvarez con Bambi. En Infantil Individual correspondeulle a Sofía Paz con Arrogante del Rocío, mentres que en Rider 1 A recaeu en Ana Isabel Martínez con Spirit, en Rider 2 A en Carolina Azevedo con Vacilón VII, en Rider 2 B en Lorena Sierra con Fandango de Valdefuentes. En Rider 3 A a primeira posición foi para Amanda Miles con Aparición, en Rider 3 B para Ana Belén Domínguez con Zarzillo e en Grado II Novel A para David Touceda con Alabama.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Respecto ao Concurso Nacional dúas estrelas Copa ANCCE de Doma Clásica, na Final 4 años a vencedora foi Nerea Lago con Sabano RN, mentres que na Final 5 anos foi Diego González con Aprendiz de Vida, na Final 6 anos Juan López con Faraón JF VI e na Final 7 anos tamén Juan López pero con Faraón JF V. En Infantil Individual e Infantil Equipos o primeiro posto acadouno Javier Sanguiñedo con Monarca, en Xuvenil Individual e Xuvenil

Equipos fíxoo Lola Chaparro con Júpiter, en Xóvenes Xinetes Individual s Xóvenes Xinetes Equipos conseguiuno Nerea Lago con Sevillano RB e en Intermedia I e San Jorge fixo o propio Juan López con Goloso JF III. No nivel Gran Premio a primera posición correspondeulle a Alicia Barros con Belmonte da Broa.


Por outra banda, tamén tivo lugar a III Proba de Equitación de Traballo, centrada nas habilidades e destrezas do cabalo para o traballo co gando no campo. Na categoría Iniciados o gañador, e polo tanto campión da Copa ANCCE, foi Javier Delgado con Café LR, de Plasencia (Estremadura), mentres que o segundo posto foi para Mario Sánchez con Corredor G, de Medina del Campo (Castela e León), e o terceiro para Daniela Alonso con Apolo, de León (Castela e León). En categoría Intermedia o pódium estivo composto, de primeiro a terceiro, por Javier San José con Libanés, de Madrid, o mesmo xinete pero con N de Javier e Marco Barba con Bambú ECR, de Ponferrada (Castela e León).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page