top of page

Fonda conmoción en Lalín polo falecemento de Juan Pegatinas cando ía na súa bicicleta

Ecos da Comarca/Lalín

Lalín vive unha xornada de fondo pesar tras coñecerse o falecemento de Juan Carlos Blanco, coñecido popularmente como "Pegatinas", de 52 anos, un veciño moi querido na vila. Rexentaba un local de serigrafía e impresión na capital de Deza.


Segundo a información coñecida, Juan sufriu unha indisposición cando circulaba onte ao mediodía coa súa bicicleta pola estrada PO-206 na parroquia lalinense de Sello. A pesar dos esforzos realizados para socorrelo, non foi posible salvarlle a vida.

Juan Pegatinas. Fonte: Motoclube Kilómetro 0
Juan Pegatinas. Fonte: Motoclube Kilómetro 0

A noticia estendeuse rapidamente polo municipio, onde eran moitas as persoas que o coñecían, provocando unha auténtica conmoción e tristeza. Ao longo do día sucedéronse as mostras de cariño e as mensaxes de condolencias nas redes sociais e tamén de maneira persoal, lembrando a súa proximidade, o seu carácter e a pegada que deixou entre veciños e amizades.


Numerosas persoas expresaron o seu apoio á familia e aos achegados nestes momentos tan difíciles, compartindo palabras de agarimo e recordos da súa figura.


Era o expresidente del Motoclube Kilómetro 0.


Algunhas das mensaxes de dor


Motoclube Kilómetro 0: "Domingo triste para o Motoclube Lalín Km0. Esta mañá deixounos de forma inesperada o noso compañeiro Juan Carlos Blanco González, máis coñecido por todos como Juan “Pegatinas”. Amante das motos de monte, sempre disposto para organizar as rutas offroad do Motococido. Son momentos duros nos que as palabras non son fáciles de escribir. As nosas codolencias para a súa dona e fillo. Ráfagas ao ceo e que a terra che sexa leve.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Concello de Lalín: "Noticia moi triste a do pasamento inesperado do noso veciño Juan Carlos Blanco, "Juan Pegatinas", moi coñecido polas súas colaboracións co mundo do deporte lalinense, principalmente relacionado coas motos, pola súa actividade empresarial e sobre todo pola súa bonhomía. Transmitimos as fondas condolencias á súa familia, achegados e amigos. D.E.P.".


Rali do Cocido: "Día triste para o noso clube. Hoxe deixounos o noso amigo Juan Pegatinas, colaborador da nosa entidade e sobre todo unha gran persoa, sempre disposto a botarnos unha man o longo dos anos. Dende aquí queremos enviarlle o noso sincero pésame a súa familia. Que a terra che sexa leve Juanciño".


Escudería Silleda: "Hai persoas que deixan pegada para sempre, e ti eras unha delas... Hoxe cústanos atopar as palabras. Parécenos incrible ter que despedirte tan cedo. Grazas pola túa axuda, pola túa xenerosidade, pola túa amizade e por estar sempre aí cando te precisabamos. Ata sempre, amigo. Foi unha sorte coñecerte. Todo o noso cariño para Ana, a túa familia e seres queridos. Descansa en paz, Juan".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Escudería O Toxo: "Que dicir ante unha fatalidade así. Hai persoas que deixan a súa impronta para sempre, e ti eras unha de elas!! Parécenos incrible ter que despedirte tan cedo. Grazas pola túa axuda, pola túa xenerosidade, pola túa amizade e por estar sempre aí cando te precisabamos. Ata sempre, amigo. Foi unha sorte coincidir neste curto camiño contigo!! Todo o noso cariño para a túa familia e seres queridos. Descansa en paz, Juan. Que a terra che sexa levadeira!!".


Noceda Rock: "Deixounos Juan (Pegatinas), persoa boa e xenerosa que vestía o noso festival dende o seu taller de serigrafía. Grazas por todo, sempre, Juan. Que a terra che sexa leve. Unha aperta forte e todo o noso agarimo para toda a familia".


Desde ECOS DA COMARCA trasladamos o noso máis sentido pésame á súa familia e amizades, desexándolles moita forza para afrontar esta irreparable perda.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page