Os galaicos participan no ultratrail La Covatilla
Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana tivo lugar a terceira proba da Copa de España de trail, xa que se disputou na Sierra de Béjar o ultratrail la Covatilla, ao que se desprazou un gran número de corredores do GTR Galaico Trail Run.
Na distancia Ultra de 60 quilómetros con 3.500 desnivel + o corredor de terras de Rábade,Iván Sanguiao realizou unha carreira espectacular indo a meirande parte da proba en postos de podium, pero por mor dunha caída infortuíta nos últimos quilómetros fixo pasar a un quinto posto da xeral pero conseguir un segundo posto na súa categoría.

Na distancia maratón con 38 quilómetros e con 2.300 de desnivel positivo a corredora cruceña Patricia Varela causou sensación tras un noveno posto da F. xeral; Belén Riádigos 17 da F. xeral; Renato García 57 M; a Ángel González conseguiu o posto 50 da xeral e Juan Varela, 62 da xeral o cal logrou un oitavo posto na calificación por equipos.
Na distancia 17 quilómetros con 1.000 positivos Belén Mon logrou o segundo posto da xeral e primeiro da súa categoría; Fátima Nogueira cuarta da xeral e segundo da súa categoría; Belén Caserío, terceiro da súa categoría, Belén González, sétimo da súa categoría e M.C., 48 da xeral acadando na clasificación por equipos un segundo posto.
E na proba cadete con 12 quilómetros Vicente Agulló conseguiu un magnífico quinto posto da xeral. "Destacar desta proba a dureza da Covatilla xa que é unha montaña moi técnica e as temperaturas de 36° fixeron o percorrido moito máis duro de afrontar", indica o clube.








Comentarios