Os fortes ventos e as abundantes precipitacións provocaron varias incidencias en Melide
- ecosdacomarca

- 29 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Os fortes ventos e as abundantes precipitacións provocaron varias incidencias no concello de Melide durante a pasada tarde-noite, tal e como informa a administración local.
"A Brigada de Obras traballou arreo na retirada de árbores en varios puntos do noso concello", indica.
A cuberta do Pavillón Polideportivo Municipal viuse danada polo que permanecerá pechado ata que se logre reparar e a rúa Alcalde Inocencio Fuciños Quintás permanece pechada por seguridade.
.







Comentarios