top of page

Os edís do BNG de Silleda participan nunha xornada formativa sobre comunicación política local

Ecos da Comarca/Silleda

Os dous concelleiros do BNG de Silleda, Erea Rey e Xerardo Díaz, participaron o pasado sábado nunha xornada formativa centrada na comunicación política a nivel local, co obxectivo de mellorar as ferramentas de relación coa veciñanza e reforzar a capacidade de transmitir con claridade e eficacia as propostas do grupo municipal.

ree

Esta formación súmase a outras xornadas nas que xa participaron os representantes do BNG, como as dedicadas a modelos de xestión de residuos ou ás políticas públicas de

vivenda. Todas estas actividades forman parte dun plan estratéxico do BNG para dotar

aos seus cadros políticos da experiencia e coñecementos necesarios para asumir responsabilidades de goberno municipal con solvencia e rigor.


Desde o BNG de Silleda considérase fundamental que os cargos públicos continúen a formarse, xa que iso repercute directamente na calidade da acción política e, por tanto,

no benestar da cidadanía. "Apostamos por unha política municipal baseada na preparación, na transparencia e na proximidade".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, a voceira municipal do BNG de Silleda, Erea Rey, participou nunhas

xornadas organizadas pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo sobre o uso do galego nas redes sociais por parte de creadores de contido.


Durante o encontro, as redes sociais do BNG de Silleda foron destacadas como exemplo de boa práctica na comunicación entre cargos públicos e veciñanza, tanto pola súa calidade lingüística como pola súa capacidade de conectar coa realidade local.



Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O BNG reafirma así o seu compromiso coa defensa e promoción da lingua galega, tamén no ámbito dixital, e coa construción dunha política municipal próxima, participativa e plenamente integrada na sociedade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page