Os dezás Javier Ramos e Álex Moure comezaron a tempada 2023 en Portugal e quedaron cuartos
Ecos da Comarca/Deza

A pasada fin de semana, celebrouse a 2ª edición do Termas Motorfest, unha proba celebrada na Vila Termal de Sao Pedro do Sul (preto de Viseu) e que combina gastronomía, turismo e motor. Como preparación de cara a tempada 2023, a parella dezá formada por Álex Moure e Javier Ramos tivo a oportunidade de descubir e realizar os primeiros quilómetros a bordo do Peugeot 208 T16 R5 co que participarán na nova tempada que comeza nunhas semanas.
A proba estivo composta dun treito espectáculo, que discorreu en dúas ocasións polas
rúas de Sao Pedro na tarde do sábado, que unido ás cinco especiais a disputar na
xornada do domingo sumaban un total de 61 quilómetros cronometrados.
Indo de menos a máis e probando diferentes configuracións ó longo da proba, Ramos e
Moure, que remataron no 4º posto, aproveitaron estes importantes quilómetros para acomodarse á montura que empregarán en 2023.









Comentarios