top of page

Os dezás Emilio Montilla, campión Galego M55 e Tamara García, subcampioa Galega Senior

Gran parte do Club Deportivo Biosbardo desprazouse o 14 de febreiro ata a localidade ourensá de Barbadás para desputar o Campionato de Galicia Absoluto de Trailrunning


Ecos da Comarca/Deza

Gran parte do Club Deportivo Biosbardo desprazouse este sábado, 14 de febreiro, ata a localidade ourensá de Barbadás para desputar o Campionato de Galicia Absoluto de Trailrunning. Un trazado duro e sinuoso, de 24 quilómetros con máis de 1.400 metros de

desnivel positivo que foi castigado durante as últimas semanas por un temporal tras outro foi o anfitrión. Os dezás Emilio Montilla e Tamara García volveron quedar no máis alto.

Emilio Montilla.
Emilio Montilla.

O CRUCEÑO EMILIO MONTILLA – Campión Galego M55

Un valor seguro, correndo ben posicionado durante toda a carreira e remontando posicións co paso dos quilómetros. O atleta de Vila de Cruces volve ó máis alto como campión da súa categoría.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A VECIÑA DE DOZÓN TAMARA GARCÍA – Subcampioa Galega Senior

Despois de semanas recuperándose dunha lesión, e sen poder pisar ningún monte nin traballo específico enfocada na súa recuperación, Tamara meteuse como 5ª absoluta en Meta, sendo subcampioa senior. "Foi unha carreira totalmente conservadora ó contrario do que nos ten acostumados a corredora de Dozón. Continúa como 2ª no Ranking Galego e en postos de Selección", destaca o club.


TERE DIESTE – Subcampioa Galega M45

A corredora de Aguiño fixo valer o seu adestramento nos últimos meses para subir ó segundo chanzo de categoría. Unha corredoira afeita a distancias máis longas que contribuíu ós resultados do equipo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

SERGIO GARCÍA – Bronce M40

"Un bronce que sabe a moito, posto que os “calambres” acaecidos durante os últimos quilómetros lastraron o rendemento do coruñés. "Sergio está a desputar a súa primeira tempada oficial co club contando tódalas súas participacións con podios".


CARLA TRILLO – Bronce M40

Fóra da loita polo podio absoluto por unha escordadura, a corredora mariñá afrontou unha carreira donde non se deixou nada, loitando por garantizar unha praza na Selección Galega.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

FANNY ABELENDA – Bronce M35

Logo de ser subcampioa absoluta na pasada edición da proba, a corredora de Mondariz volta á competición oficial rozando o top10 absoluto e cun bronce de categía.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page