Ecos da Comarca/Deza
Os corredores do GTR Galaico Trail Run repartíronse esta fin de semana pola xeografía galega e lograron moi bos resultados para o palmarés do equipo. En terras de Silleda na carreira que tiña lugar polo Camiño de Santiago Desafío do camiño de dez quilómetros José Fungueiriños subía o caixón en terceira posición da súa categoría cun tempo de 45' e foi unha moi boa carreira para Patricia Montoto con 55'.
Mentras no trail do Xurés con 17 quilómetros proclamouse campiona absoluta Tamara García cun tempo dunha hora e 36 minutos. Pola súa banda, Emilio Montilla quedou primeiro na sua categoría e quinto na xeral cun tempo dunha hora e 20'. "É unha gran alegría ao ver a Fernando Alvarellos que segue a manter a sua melloría tras unha lesión que o tivo afastado das carreiras", indica o clube.
O domingo Moreiras, Juan Varela, Cristina Couto, Emilio Romero, Fernando García, Alina Cimpean, Belén Riádigos, Gustavo González, Juan Gómez, Carmen López e Ferreira desprazáronse a terras do Courel para disputar o trail Cumios de Courel no cal se proclaman segundos por equipos Gustavo González, Alina Cimpean e Juan Gómez. E na modalidade individual Alina Cimpean queda terceira na xeral xunto con Carmen López, que alcanzou o terceiro posto na sua categoría, cuns magníficos resultados.
Comments