Os cinco concellos con máis incendios da provincia de Pontevedra (2006-2015) están en Deza
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 2 min de lectura
Na comarca da Ulloa, Palas de Rei, con 96 incendios, figura como o concello con maior número de lumes en toda a provincia de Lugo
Ecos da Comarca/Xeral
A plataforma galega Homefax, un proxecto desenvolvido en Lugo especializado na análise de riscos físicos das vivendas a partir de datos públicos, vén de poñer en marcha un novo mapa gratuíto que permite consultar os focos de incendios forestais detectados por satélite durante as últimas 48 horas.

A ferramenta utiliza información procedente do sistema europeo EFFIS (European Forest Fire Information System), integrado no programa Copernicus da Unión Europea, e ofrece aos usuarios a posibilidade de localizar os incendios rexistrados en calquera concello sen necesidade de rexistro previo.
PUBLICIDADE
Ademais da información en tempo case real, Homefax lembra que os datos históricos da Estatística Xeral de Incendios Forestais (EGIF) correspondentes ao período 2006-2015 sitúan a 5 dos 6 concellos da comarca de Deza entre os máis afectados polos incendios forestais de máis dunha hectárea na provincia de Pontevedra.
PUBLICIDADE
Segundo estas estatísticas, Rodeiro encabeza a lista con 120 incendios, seguido de Agolada (101), Silleda (96), Lalín (92) e Dozón (85). Na comarca da Ulloa, Palas de Rei, con 96 incendios, figura como o concello con maior número de lumes desta tipoloxía en toda a provincia de Lugo.
PUBLICIDADE
Desde Homefax subliñan que a información ofrecida polo mapa é orientativa, xa que se basea en deteccións realizadas por satélite, polo que non constitúe un sistema oficial de alerta nin de emerxencias. Ante calquera situación de risco, recomendan contactar co 112 e seguir sempre as indicacións dos servizos de emerxencia e de Protección Civil.
PUBLICIDADE
Os interesados poden consultar os mapas provinciais e o historial de incendios a través das seguintes ligazóns:
Pontevedra: https://homefax.es/incendios/pontevedra










Comentarios