Os bombeiros liberaron un condutor que sufriu unha saída de vía contra un poste en Silleda
- ecosdacomarca

- hace 12 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Os bombeiros liberaron un condutor que sufriu unha saída de vía contra un poste en Silleda. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 17:40 horas, a través dun particular no punto: un coche saírase da vía e acabou colidindo contra un poste no quilómetro 306 da N-525, en Negreiros (Silleda).

Como explicou o alertador, o ocupante do vehículo queixábase de dor no peito e era incapaz de saír. Trátase dun poste da luz que acabou caendo sobre a estrada, cortando un carril durante os traballos dos servizos de emerxencias.
Publicidade
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Silleda e a Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Os bombeiros encargáronse de liberar ao ferido, que foi atendido polo persoal sanitario.








Comentarios