top of page

Os bombeiros do GES convocan unha manifestación na Deputación de Lugo o 24 de febreiro

Ecos da Comarca/Xeral

A Asociación dos Bombeiros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais de Galicia (Agesga) convoca unha manifestación para o martes 24 de febreiro de 2026, ás 12:00 horas, diante da Deputación de Lugo, para reclamar melloras urxentes nas súas condicións laborais e no modelo de xestión do servizo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Entre as principais reivindicacións destaca a aplicación inmediata dun coeficiente redutor para os bombeiros, condicións laborais dignas, a garantía de servizos mínimos de 24 horas para toda a veciñanza, así como a reapertura do GES de Cervo. Ademais, os profesionais esixen a integración dos GES nas deputacións provinciais, co obxectivo de avanzar cara a un sistema máis estable, coordinado e eficaz.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

A mobilización conta co apoio das organizacións sindicais CSIF, CIG, CNT Galiza e CCOO, que denuncian a precariedade estrutural dun servizo esencial para a seguridade da cidadanía, especialmente no medio rural galego.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o colectivo de bombeiros lembran que a manifestación foi comunicada conforme á lexislación vixente e que a atención ás emerxencias estará garantida durante a xornada de protesta.


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page