Os Bombeiros de Arzúa tiveron que excarcerar a unha persoa nun accidente en Melide
- ecosdacomarca

- 12 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Os bombeiros do parque provincial de Arzúa recibiron este sábado un aviso dun accidente de tráfico no punto quilométrico 4 da estrada provincial DP-4604, ao seu paso polo concello de Melide, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Ocorreu, tal e como informan os Bombeiros, no lugar de Pereiras, ao pasar o Feal dirección Toques, xa no límite nos municipios de Melide e Toques.
Publicidade
Cando chegaron ao lugar, atopáronse cunha persoa atrapada no seu vehículo despois dunha saída de vía. Despois de analizar a situación, procederon á excarceración da persoa ocupante do vehículo, que foi trasladada ao Hospital Rosaleda de Santiago de Compostela.
Publicidade
Ademais dos bombeiros do parque provincial, participaron no operativo a Protección Civil de Melide, a Garda Civil de Tráfico e o 061.








Comentarios