Os Bombeiros de Arzúa rescatan a un home atrapado no seu coche tras caer por un terraplén en Melide
- ecosdacomarca

- 22 may 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Os Bombeiros de Arzúa rescataron a un home atrapado nun vehículo tras caer por un terraplén. O aviso rexistrouse no 112 Galicia pouco antes das seis desta tarde e o accidente sucedeu no lugar da Andoriña (Folladela) en Melide.

Quen alertou do suceso foron familiares do ferido e urxían a chegada dos recursos de emerxencias debido a que o condutor presentaba un forte golpe na cabeza.
Ademais, estaba atrapado dentro do coche, que se saíu da vía e caeu por un terraplén con moita vexetación e de difícil acceso. Por iso, foi necesario avisar aos Bombeiros de Arzúa, que procederon a liberar o ferido. Para iso, tiveron que cortar o teito do vehículo.
Publicidade
Cando estaba fóra do coche, recibiu asistencia por parte dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e foi evacuado ao Hospital de Santiago no helicóptero medicalizado desprazado ao lugar dos feitos.
Publicidade
No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Melide.








Comentarios