Os Bombeiros Comarcais de Galicia concéntranse hoxe diante da sede da Consorcio en Carballo
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 Min. de lectura
Sinalan que "a falta de seriedade e a incompetencia manifesta demostrada por parte da Xerencia deste Consorcio" os obriga a mobilizarse para visibilizar o problema existente
Ecos da Comarca/Xeral
O pasado día 18 de novembro, a Asemblea de Bombeiros Comarcais de Galicia acordou
convocar Concentracións diante do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de
A Coruña en Carballo. Así, hoxe, día 04 de decembro ás 11:30 horas, os Bombeiros Comarcais de Galicia concentrarémonos diante da sede da Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de A Coruña en Carballo.

"A falta de seriedade e a incompetencia manifesta demostrada por parte da Xerencia deste
Consorcio obriga ós bombeiros a mobilizarse para visibilizar o problema existente coa
xestión do Consorcio", sinalan. E insisten en que "a ineptitude amosada polo Xerente do Consorcio durante os últimos 6 anos, levaron ao colectivo a unha conflitiva folga durante o ano 2024 e que se resolveu mediante a sinatura dun acordo a comezos de 2025. Este acordo de escasos meses de vixencia, lonxe de ser respectado por parte da Administración, está sendo torpedeando desde o Consorcio".
Publicidade
E recalcan que tras máis de 21 anos sen incremento de efectivos as partes acordaron a contratación de 42 novos traballadores durante o ano 2024, e así dar cobertura o exceso de horas asumido polos bombeiros sen que estas novas incorporacións supoñan un incremento nas dotacións de 3 efectivos. 2A día de hoxe este persoal está sin contratar e cun proceso selectivo enriba da mesa que é totalmente inadecuado para a contratación do persoal necesario".
Publicidade
A todo isto, apuntan, "súmaselle a inexistente xestión en materia de Prevención de Riscos Laborais no Consorcio Provincial, agravando o risco para o persoal interviniente. Resaltar que tampouco se está respectando o I Convenio Colectivo (firmado en xuño do presente ano) en múltiples aspectos, con interpretacións arbitrarias e interesadas por parte da Xerencia do Consorcio Provincial".








Comentarios