top of page

Os Ánxeles, en Melide, celebra as súas festas cun completo programa do 5 ao 7 de abril

Ecos da Comarca/Melide

As Festas dos Ánxeles de Melide 2026 celebraranse os días 5, 6 e 7 de abril cun programa relixioso e musical pensado para todos os públicos, combinando tradición, procesións e verbenas con actuacións destacadas.


Programa das Festas dos Ánxeles en Melide 2026

A celebración comezará o domingo 5 de abril, cunha intensa xornada relixiosa con misas ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas. A continuación terá lugar a procesión acompañada pola Bandiña de Melide, que tamén ofrecerá concerto.

 PUBLICIDADE

Despois haberá misa ás 20 horas e xa pola noite, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada polas orquestras Trasnos+ e Los Satélites, dúas formacións habituais nos grandes escenarios das festas populares galegas.


O luns 6 de abril repetirase o programa relixioso da mañá, con misas ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas, seguido da procesión e sesión vermú coa Banda de Música Isabel II de Touro. Ás 20 horas volverá haberá misa e xa pola noite, celebrarase unha nova verbena a partir das 22:00 horas, nesta ocasión co Dúo Reflejos como protagonista.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Finalmente, o martes 7 de abril terá lugar unha misa ás 12:00 horas dedicada aos cofrades difuntos, pechando así o programa relixioso destas festas.


As Festas dos Ánxeles constitúen unha das citas destacadas do calendario festivo de primavera en Melide, combinando actos relixiosos tradicionais coa música en directo e as verbenas populares que cada ano reúnen veciñanza e visitantes arredor desta celebración.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page