top of page

Ortiga será o cabeza de cartel da XXIV Feira da Troita de Sobrado

O artista santiagués actuará o 9 de agosto na Explanada do Pavillón Polideportivo Municipal


Ecos da Comarca/Sobrado

O Concello de Sobrado anuncia a primeira gran confirmación da XXIV Feira da Troita, que se celebrará os días 9 e 10 de agosto. O artista Ortiga será o cabeza de cartel desta edición, sumándose á cita máis importante do ano no municipio da comarca da Terra de Melide.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O concerto do polifacético artista compostelán terá lugar o sábado 9 de agosto na Explanada do Pavillón Polideportivo Municipal. A actuación será completamente gratuíta e aberta a todos os públicos, aínda que o horario aínda non se confirmou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este espectáculo forma parte do XIX Festival Musical Intercultural da Xuventude, unha cita xa consolidada dentro do programa da Feira da Troita e que ano tras ano reúne a mozas e amantes da música. Durante os próximos días iranse revelando máis nomes que completarán o cartel desta nova edición do festival.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page