top of page

Orixínase un incendio nunha chimenea no municipio de Vila de Cruces

7 abr 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Bombeiros na intervención de hoxe. Autor: Protección Civil de Vila de Cruces

O lume tivo lugar na parroquia de Oirós, no lugar de Pazos á altura da vivenda número 10. O suceso tivo lugar ás 15.30 horas desta tarde e deuse por extinguido ás 16.20 horas, segundo informa o equipo local de Protección Civil.


A dona da vivenda que se atopaba no seu interior, ao ver a temperatura que desprendía a cheminea, avisou ao seu fillo que, tras ver saír faiscas por ela, avisou o 112 Emerxencias.



O 112 Emerxencias puxo estes feitos en coñecemento dos bombeiros de Silleda, do GES de Lalín, da Garda Civil e de Protección Civil de Vila de Cruces.


Unha vez chegados os equipos de emerxencias ao lugar, procederon á súa extinción, cómpre sinalar que a estructura da vivenda era de madeira e que non se rexistraron danos materiais a maiores dos mencionados anteriormente, segundo informou protección civil.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page